Xoán M. Tamuxe e Juan Ramón, camiño de novo libro

No Lago de Sanabria (Zamora) hai uns meses.

Hoxe, xoves 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, é un pracer anunciarvos que nestes intres e dende hai meses nos atopamos, o meu pai, Xoán Martínez Tamuxe e máis eu traballando nunha nova publicación, que se todo vai ben, sairá á luz a finais deste ano 2020.

Con este estudo, que proximamente daremos a coñecer, Tamuxe abordará en verdade o seu enésimo libro, sendo a miña quinta obra na súa inestimable e pedagóxica compaña percorrendo as nosas vilas, entrevistando aos nosos maiores ou consultando os diferentes arquivos locais, galegos e mesmo nacionais.

Con este obrigado confinamento a causa do COVID-19 confésovos que non perdemos ningún instante e certamente estamos dedicándonos a revisar documentación, prensa antiga e aínda para ordenar as miles de fotografías do noso arquivo que nos servirán, a bo seguro, para ilustrar esta e outras obras vindeiras para que a historia e costumes tradicionais da nosa zona continúen poñéndose en valor.

Dende aquí só vos quero animar e convidar a que durante ou despois deste “aislamento” leades algún libro de Xoán Martínez Tamuxe e que disfrutedes da súa incomparable paixón e rigorosa investigación en cada unha das páxinas dos seus exemplares.

Publicacións como Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla que xa vai pola súa 5ª edición así como a historia das parroquias ou elementos patrimoniais do Baixo Miño e Val Miñor, sinceramente, merecen a pena coñecelas.

Sen máis e despois destas pequenas recomendacións histórico-literarias que vos deixo en forma de portadas/collage fotográfico, deséxovos un Feliz Día do Libro 2020! Coidádevos! Bicos e apertas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies