Volven os paseos literarios pola provincia de Pontevedra 2021

📸 AELG / Marta Dacosta

A Deputación de Pontevedra comunica que este vindeiro mes de setembro se retoman os seus Roteiros Literarios, un programa que percorrerá Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra. A primeira cita será o domingo 5 de setembro en Combarro (Poio) con Tamara Andrés

Estes paseos literarios son unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e da nosa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que se desenvolve desde 2017 “para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia de Pontevedra da man das nosas escritoras e escritores, a partir de obras literarias propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos”.

Deste xeito, o público goza dunha experiencia cultural en espazos físicos “descubrindo unha nova visión e viaxando pola memoria literaria do territorio”.

Existen 25 prazas en cada saída, podendo reservarse no enderezo: roteiros.cultura@depo.gal 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies