Volve a romaría de Santa Trega (A Guarda)

📸 Imaxes da romaría de Santa Trega en 2019

Este venres 23 de setembro (festividade local) volverá a celebrarse na vila da Guarda (Pontevedra) a tradicional romaría na honra de Santa Trega.

Tal e como se lembra dende o Concello da Guarda, “se recupera este ano despois da pandemia da Covid-19. Un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega. Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8:00h, 9:00h e ás 11:30h Sermón e Solemne Procesión“.

Igualmente se recorda que “tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior. A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa“.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies