Villa falará dos 100 anos de Museo no Monte

Museo de Santa Trega A Guarda
Foto: Concello da Guarda

Segundo se comunica dende o Concello da Guarda, o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, antigo profesor meu na década dos 90, “protagoniza a primeira barferencia do ano, sobre o centenario do MASAT”.

Lémbrase que “este venres 20 de xaneiro, ás 20’30 horas na Cafetería La Casilla, terá lugar a primeira barferencia do ano 2017, e terceira desta tempada de inverno. Trátase dunha cita moi especial para A Guarda, xa que a ponencia versará sobre os “100 anos do Museo do Monte”, un elemento clave na vida e na sociedade da vila nas últimas décadas.

A ponencia estará a cargo do historiador e profesor guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, licenciado en Xeografía e Historia e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela.

Villa imparte clases no Colexio PP. Somascos da Guarda, labor que compaxina coa de investigador, que o levou a colaborar en diferentes publicacións, en especial con temas relacionados coa Guarda.

Nesta barferencia exporá parte dos seus numerosos coñecementos sobre o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que cumpre cen anos este ano 2017, pois foi creado pola Sociedade Pro-Monte no 1917.

Parte desta ponencia terá como base a investigación que ten realizado sobre a propia Sociedade Pro Monte e que o levou a publicar La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928) e La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939). A estes dous volumes súmase un terceiro libro, La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte, que se presentará no Centro Cultural da Guarda o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

Dende o Concello da Guarda anímase a tódolos veciños a asistir a esta interesante barferencia, na que poderán coñecer a historia dun museo clave na vida, cultura e sociedade da vila”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies