Tui presenta o nº 6 da revista “Castellum Tyde”

O Instituto de Estudios Tudenses edita esta publicación dende 2007 sumando 69 artigos de 33 investigadores.
Este luns 24 de agosto presentouse na casa do concello de Tui o número 6 de revista “Castellum Tyde” publicada polo noso Instituto de Estudios Tudenses, IET, co patrocinio do Concello de Tui. No acto estiveron presentes -entre outros- o alcalde, Enrique Cabaleiro e o presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Xabier Añoveros.
A revista, segundo se pode ler na web de Tui, “ábrese cun artigo “in memoriam” sobre o arquitecto Jaime Garrido Rodríguez da autoría de Rafael Sánchez Bargiela, quen tamén achega “Tui nos relatos peregrinos e viaxeiros polo Camiño Portugués”. O propio presidente do IET, Xabier Añoveros, é o autor de “El monumento al padre Salvado”. Suso Vila presenta “Poliorcética medieval en Tui: La iglesia y las fortificaciones de la ciudad”, e Ernesto Iglesias Almeida “El hospital de San Gián dos Lázaros”. Avelino Bouzón escribe “Bicentenario de los Maristas. Centenario del Juniorado Marista Portugués en Lagarteira (Tui). 1920-2020”. “Manifestaciones artísticas culturales en Tui inspiradas en la Armada” é a contribución de Rosendo Bugarín González.
Este número 6 de Castellum Tyde recolle tamén o artigo do profesor Domingo L. González Lopo titulado “La devoción a San Julián en Galicia: raíces populares de una hagiografía confusa”. Xoán Martínez Tamuxe achega “Familiares do Santo Oficio nos concellos do Baixo Miños, menos en Oia. Primeira e única referencia en Oia á Inquisición, en 1695”.
Complétase a publicación con “Dos canónigos de la catedral de Tui nombrados capellanes de honor: Antonio Bernardo Mosquera Tabares y Sotomayor y Rafael María Andreu Ballester” de Juan Ramón Aparicio González, e “Contrasta: a vila medieval” de Isilda Martins.
Foron editados 400 exemplares deste número 6 da revista Castelum Tyde”.