Skape 30 de O Rosal sortea a súa Macrocesta de 25.000 €

Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes da cafetería Skape 30 de O Rosal volven a organizar o tradicional “Sorteo da Macrocesta de Nadal”, xa na terceira edición, que sextuplica o premio inicial de 4.000 € de hai uns anos.
Como novidade, a impresionante motocicleta BMW 1000 cc, RR versión 2020. Lembrar que este sorteo está regulado, como sempre, pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.
Dende Skape 30 lembran que o premio da cesta, valorada en máis de 25.000 €, aparte da moto BMW, consta de artigos de primeira calidade adquiridos no comercio local de O Rosal e do Baixo Miño, como son unha TV de 55’’, unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de productos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción.
Máis información no perfil da cafetería SKAPE 30 na rede social Facebook.