Santiago acolleu un novo Encontro do CCG

Onte, martes 21 de maio, despraceime ata a capital de Galicia para asistir, no Pazo de Raxoi, ao interesante encontro “Abrindo vitrinas: a metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela“.
O evento, ao igual que o de A Guarda, estivo organizado polo Consello da Cultura Galega, versou sobre o traballo desenvolvido polo Incipit-CSIC, que se resume nestes eixes centrais: “1) o estudo da historia e vicisitudes das pezas que compoñen a colección –procedentes na súa maioría das antigas coleccións de Santiago de la Iglesia, Federico Maciñeira e José Viqueira Barrio–, que permitiu recuperar interesante documentación inédita; 2) a súa caracterización arqueométrica mediante técnicas diversas; 3) a restauración das pezas, e 4) a montaxe dunha exposición que abrirá as súas portas este verán”.
