O Rosal acolle a súa Andaina máis “golosa”

Boas a todos/as! Que tal! Espero que ben!
Logo de máis dun mes por Salamanca, esta fin de semana toca por fin volver á “terriña”, a O Rosal, para guiar a III Andaina da Feira do Mirabel 2019.
Tal e como reza o cartel do evento, o domingo 4 de agosto (9:30 horas) sairemos dende o Mercado de San Miguel de Tabagón en dirección á fermosa área recreativa do Muíño das Aceñas.

Da man de Salvador Martínez (Mirabel do Rosal) visitaremos distintas fincas desta exquisita e “golosa” froita, para xa de seguido proceder á súa degustación na Escuela Profesional de Hostelería do Baixo Miño-Tapería O Rolete (Valdemiñotos).

O percorrido, de dificultade doada, finalizará no punto de inicio (Mercado de San Miguel), onde se sortearán lotes de mirabeis e menús entre os participantes desta Andaina.

Inscríbete no Concello do Rosal ata o mércores 31 de xullo. Máis info no teléfono 986 62 50 00 e na web municipal. ¡Vémonos! 🙋‍♂😉

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies