Recoñecemento da AELG a Xabier P. DoCampo

 

Tal e como se informa dende a AELG, “A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan actividades diversas para dar a coñecer a obra de Xabier P. DoCampo. O 29 de maio terán lugar estas dúas actividades:

– A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), descubrirá unha placa de homenaxe no portal da que foi última morada do autor, (Praza González Dopeso, 1), na cidade da Coruña, ás 18:00 h.

– Homenaxe: Na voz da amizade, a celebrar o 29 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 20:30 horas.
Presentada por Yolanda Castaño, haberá lecturas da súa obra, proxección de pezas audiovisuais, a música na voz de Miro Casabella, e a participación de:
Mesa sobre ensino. Alfonso García Sanmartín, Xavier Senín e Fina Casalderrey.
Mesa sobre activismo. Suso de Toro, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado.
Mesa sobre literatura. Paco Martín, María Xesús Fernández, María Canosa e Xosé Cobas.
Relato. Paula Carballeira.

Nestas actividades, a entrada é libre e gratuíta até completa aforo para todo o público interesado”. Toda a información, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies