Proxecto para recuperar a toponimia de Ponteareas

Onte, 10 de marzo, tivo lugar no Centro Cultural da parroquia de Xinzo o Proxecto de recuperación de toponimia de Ponteareas.
“O consistorio, consciente da necesidade da recollida e recuperación dos nomes que identifican os seus lugares e para evitar a perda desta gran riqueza patrimonial, bota a andar este ambicioso proxecto, que principiará en Xinzo, e abranguerá todas as parroquias”.
Segundo se pode ler na web da Vila do Tea “para levar a cabo este proxecto, o Concello de Ponteareas conta de xeito altruísta coa colaboración, asesoramento e contrastada experiencia na materia do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), entidade que desenvolve actividades a prol da investigación, formación e divulgación da toponimia”.