Preséntase o proxecto da réplica do petróglifo de Auga dos Cebros (Pedornes – Oia)

A presentación do proxecto da réplica do singular petróglifo de Auga dos Cebros, elaborada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, “vén de chegar a Oia, onde quedará exposta no interior do Centro Sociocultural de Pedornes”.

Segundo se comunica dende o Concello de Oia “o proxecto de elaboración da réplica de Auga dos Cebros naceu no ano 2019 promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes –titular dos terreos nos que se atopa o xacemento arqueolóxico- e máis pola Asociación Costa dos Castros co obxectivo de contar cunha reprodución fiel deste singular e valioso gravado rupestre”.

A finalidade última de contar cunha réplica fiel dos gravados de Auga dos Cebros “é a salvagarda deste patrimonio fráxil e en risco, protexendo o xacemento mediante documentación. Neste sentido, cabe lembrar o proceso de deterioro que, debido á acción de distintos axentes, está a rexistrar esta importante mostra da arte rupestre do noroeste peninsular”.

Este venres 7 de maio, ás 12:00 horas, realizarase unha presentación dos resultados do proxecto no Centro Sociocultural de Pedornes. “O acto estará presidido pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e contará coa participación de Manuel Ángel Pombal (representante da Comunidade Montes e Costa dos Castros), o historiador Fernando Javier Costas Goberna (Costa dos Castros e Acamo), algúns dos profesores participantes no proxecto (Fernando Carrera e Jose Antonio Quinteiro), así coma a directora da Escola, Carmen Lorenzo. Por mor das restricións pola COVID-19, o acceso ao acto é limitado e será exclusivamente mediante invitación”.

Máis información, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies