Presentación do libro “A Sociedade Liga de Amigos”

O Rosal acolleu recentemente a presentación do libro A Sociedade Liga de Amigos. Cen anos de historia (1918-2018), un auténtico volume de máis de 300 páxinas, da autoría do escritor e investigador da vila, Xoán Martínez Tamuxe.

Deu a benvida ao acto o presidente da entidade, César Conde Martínez, quen estivo acompañado polo directivo Manuel Santos “Caín”.

O profesor guardés e doutor en Historia Contemporánea, Joaquín Miguel Villa Álvarez, foi o encargado de realizar unha semblanza biográfica do autor, destacando que “Tamuxe ten publicado máis de 30 libros e infinidade de traballos de investigación. É un verdadeiro referente para quen desexe estudar a historia das comarcas do Baixo Miño, Val Miñor, Condado…”

Na súa intervención, Martínez Tamuxe lembrou, por exemplo, que “das 26 sociedades rosaleiras máis antigas, inscritas no Rexistro Civil da Provincia (entre 1881-1939), só a Liga de Amigos, alcanzou sobrevivir esa longa etapa que agora se conmemora”.

O público asistente puido tamén disfrutar durante a presentación do libro, dunha interesante exposición de documentos, xornais e fotografías antigas da Sociedade. 

Ao final do acto, a Directiva da Liga de Amigos de O Rosal convidou a todos os presentes a un viño e uns pinchiños para conmemorar a publicación da xa centenaria Historia da súa Sociedade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies