Entrega do X Premio Internacional APECSA 2022

📸 Turismo de Santiago de Compostela.
Segundo comunica a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), mañá, venres 21 de outubro, ás 13:00 horas, terá lugar na igrexa do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro-Lugo) o acto de entrega do X Premio Internacional APECSA 2022 de divulgación do Camiño de Santiago á MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS GALEGOS DO CAMIÑO FRANCÉS*.
O Premio consiste nunha escultura, Harmonía, da autoría de Luís Loureira. “Dedicada esta edición a Pilar Armesto Valiña, (Sarria 1955 – O Cebreiro 2021), hospitaleira, mesoneira, dinamizadora e defensora dos valores do Camiño de Santiago, pioneira no asociacionismo e na acollida aos peregrinos”.
*A Mancomunidade está formada por once concellos: Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies