Premio á Universidade de Santiago e a González Lopo

Segundo me veñen de comunicar dende a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), o Xurado do VII Premio Internacional APECSA 2019 de Divulgación do Camiño de Santiago, na edición deste ano, dedicada in memoriam a Segundo Vázquez Portomeñe, e convocado pola mencionada Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), “acordou, por unanimidade, conceder o Premio, ex aequo, ás Universidades de Santiago de Compostela e Cagliari (Cerdeña)”.

González Lopo pronunciando unha charla. (📸 Álvaro Ballesteros)

Á Universidade de Santiago de Compostela, pola realización, no marco da súa Universidade de Verán, do curso Leccións Xacobeas Internacionais, dirixido polos profesores Miguel Taín Guzmán e Domingo L. González Lopo (meu antigo mestre na USC e compañeiro actual do Instituto de Estudios Tudenses). Trátase dun curso de estudo e divulgación das investigacións de temática xacobea desenvolvidas nesta Universidade e noutros centros de investigación internacionais. 

Á Universidade de Cagliari, pola tradución ao italiano do libro Elías Valiña. El valedor del Camino (1959-1989), proxecto docente realizado dentro do máster de Traduzione Specialistica dei Testi, da Facultade de Studi Umanistici desta Universidade e implementado, no curso 2017-2018, baixo a dirección da profesora Daniela Zizi, do departamento de Lettere, Lingue e Beni Culturali.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies