Polafía no Camiño. Melide

✍️ AELG 📸 Antón Ferreira
Segundo informa a nosa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, este sábado 20 de novembro, a Sección de literatura de tradición oral da AELG propón visitar Melide “para asistir á Polafía no Camiño, un encontro aberto en forma de revista oral para escoitar as historias de tradición oral desta comarca. O que suceda nesta Polafía, como xa sucedeu en todas as anteriores, gravarase para ser incorporado ao arquivo oral da web AELG”.
Colaboran na organización: Antom Laia, Suso Ascariz, Cristina Vázquez, Xurxo Broz, Os Melidaos, Herba Grileira, Laia Zapateiros, xunto á Cafetería Estilo.
“A actividade está coordinada por Antonio Reigosa (na imaxe principal, vogal responsábel da Sección de Literatura de Tradición Oral).
A celebración das polafías non é posíbel sen a colaboración de diversas entidades locais, neste caso Os Melidaos, Herba Grileira, Laia Zapateiros, Cafetería Estilo e o Museo da Terra de Melide. Esta edición conta co apoio da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)”.
Fai xa 9 anos asistimos a unha “interesante, enriquecedora e divertida polafía no Centro Cultural da Guarda“.