O libro “Páxinas da Guarda” preséntase na Casa dos Alonso

Segundo veñen de comunicar dende o Concello da Guarda, o libro “Páxinas da Guarda” preséntase este xoves 22 de xullo na Casa dos Alonso (20:00 horas).
“Este libro nace durante o confinamento coa idea de facer un libro que abarcase a historia da Guarda e da Comarca, recopilando aqueles artigos de Antonio Martínez Vicente, Celso Fariñas e José Ángel Gándara que se publicaron nos distintos libros de festas locais de diferentes municipios do Baixo Miño”.
A publicación está realizada a proposta de Infomaxe, baixo o patrocinio do Concello da Guarda.
Para asistir ao acto de presentación é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es