Os muíños do Tripes abren as súas portas

📸 Asoc. Muiñeiros do Río Tripes
A Asociación “Muiñeiros do Río Tripes” (Tui-Pontevedra) vén de anunciar que dende este xoves 1 ata o domingo 4 de abril celebrarán unhas xornadas de portas abertas ao longo do percorrido da senda do río.
Segundo a organización abriranse diferentes muíños “para que os visitantes que queiran achegarse a este fermoso paraxe natural e etnográfico poidan contemplar o interior destas construcións tan características do noso #patrimonio cultural“. Iso si, haberá unha capacidade máxima para os interiores dos muíños de dúas persoas.
Se queres máis información podes chamar ao teléfono 694 488 969 ou ben enviar un correo electrónico a muineirosdotripes@gmail.com