Os Muíños do Folón e Picón, no “Día Internacional de los Monumentos y Sitios”

Hoxe é… sábado 18 de abril. Lémbroo por se acaso, xa que un ás veces perde a noción do tempo en medio deste obrigado confinamento… e ata algún mando militar di que “estamos en guerra” e “todos los días son lunes” 😜😅
Bueno, pois iso, ao lío. O que vos quería comunicar é que cada 18 de abril dende 1983, nesta data se conmemora o “Día Internacional de los Monumentos y Sitios“.
Este ano 2020, a pesares da pandemia do famoso coronavirus, o tema é “Culturas Compartidas, Patrimonio Compartido, Responsabilidad Compartida”, como expresión da nosa unidade global fronte á crise de saúde mundial que estamos padecendo.
Como non podía ser menos, nesta efeméride, quero poñer en valor, unha vez máis, o meu lugar preferido, a miña ruta máxica, o noso conxunto histórico-etnográfico dos 67 Muíños do Folón e Picón, en O Rosal (Pontevedra), Ben de Interese Cultural dende 1998.
Deixo literalmente aquí as directrices marcadas pola ICOMOS (Consejo Internacional de Monumentos y Sitios: “Su principal objetivo es el de promover la teoría, la metodología y la tecnología aplicada a la conservación, a la protección y a la valorización de monumentos y de sitios de interés cultural”).
“El Día Internacional de Monumentos y Sitios 2020 invita a los participantes a explorar la idea de compartir -de presentar sus contrapartidas, ideas, contestación y resistencia – en relación con las culturas, el patrimonio y la responsabilidad. En vista del brote mundial actual de Covid-19 y las medidas de contención en diferentes países del mundo, el ICOMOS los invita a celebrar el Día Internacional de Monumentos y Sitios en cumplimiento de las instrucciones dictadas por las autoridades locales y nacionales para garantizar la seguridad de los participantes”.
Desexando xa poder volver a pasear e disfrutar con vós desta marabillosa contorna, recibide unha forte aperta. Coidádevos moito!
Máis info, aquí.