Os 40 anos do Club Ciclista O Rosal

Case me esquezo… 😅 así que déixovos aquí, sen máis demora, o enlace ao meu último artigo/reportaxe, que se publicou no número 11 (outono 2021) da revista COUSAS DE e que tivo como protagonista ao Club Ciclista O Rosal.
Leva por título “A Gran Familia do Club Ciclista O Rosal cumpre 40 anos” (páxs. 60 a 63) e inclúe entrevistas e declaracións de antigos corredores e membros de diferentes directivas da entidade deportiva rosaleira que dirixe dende hai décadas o seu incombustible presidente, Gerardo Álvarez Martínez.
A miña gratitude, como sempre, ao director de Cousas De, Jesús García Bastida e como non, a todos os cracks entrevistados (Aser Estévez, Eloy Otero, Raúl Fernández, Iván Morais, Javier Calvo, etc).
E, por suposto, agradecemento especial pola súa deferencia comigo ao activo secretario do C.C. O Rosal, Ramón Villa e ao mestre e adestrador Félix Piñel, un verdadeiro referente do deporte na nosa vila.
Para rematar, como tamén se reflicte no artigo… noraboa por estes 40 anos e “Longa vida e moitos máis éxitos ao Club Ciclista O Rosal!”
P.D: Se queres un exemplar da revista non dubides en contactarme 😉🙋♂️