Oia pon en valor o seu rico patrimonio arqueolóxico

O Centro Sociocultural de Pedornes (Oia) acolleu este venres 7 de maio a presentación da réplica do petróglifo de Auga dos Cebros, que contou coa presenza da propia alcaldesa Cristina Correa ou mesmo de Manuel Ángel Pombal Diego, membro da Comunidade de Montes de Pedornes e da Asociación Costa dos Castros.

O recoñecido historiador Fernando Javier Costas Goberna, así como os profesores Fernando Carrera, José Antonio Quinteiro e Carmen Lorenzo, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia foron os encargados de presentar este ambicioso proxecto.

En 2006 asistimos con Goberna a unha ruta guiada a Auga dos Cebros

Dende aquí os meus parabéns pola iniciativa e como non, o meu agradecemento ao Concello de Oia e á organización por este convite, que a bo seguro, como recalcaba a rexidora municipal, se trata dun “acontecemento histórico que será lembrado logo de 30, 40, 50 anos”.

Trátase, pois, da réplica de maior tamaño dun petróglifo de Galicia (cunhas dimensións de 2,70 metros de alto e 2,20 metros de ancho). Tal e como podemos ler na web municipal: “o petróglifo de Auga dos Cebros sitúase en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes, no lugar do Viveiro, nun espazo arborado próximo ao río Vilar que rexistra unha elevada densidade de gravados rupestres. Na zona existen petróglifos de diversas tipoloxías, pero entre eles destaca especialmente o da gran embarcación de orixe mediterránea, un dos máis singulares da costa galega e único na fachada atlántica europea.

Ademais da gran nave de Auga dos Cebros 1, na zona existen insculturas doutras dúas embarcacións: son as denominadas Auga dos Cebros 2 e Viveiro 6. A representación de naves con formas que coinciden coas dos modelos mediterráneos do II Milenio a.C. mostra a existencia de relacións entre as culturas atlánticas e as do Mediterráneo xa desde épocas prehistóricas, de aí a importancia destas xoias arqueolóxicas“.

En definitiva, estudosos e promotores están dacordo en que o obxectivo único da actuación “é a salvagarda deste patrimonio fráxil e en risco, protexendo o xacemento mediante documentación”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies