“O Tamuxe, símbolo heráldico do Rosal, testemuña de historias e lendas”

Boas a todos/as! Que tal, espero que ben!
Velaquí vos deixo a reportaxe de investigación histórica na que teño traballado ultimamente e que saíu publicada hai uns días en COUSAS DE – A túa revista.
Leva por título “O Tamuxe, símbolo heráldico do Rosal, testemuña de minas de ouro dos romanos, lendas e guerras con Portugal” (páxinas 26 a 29).

Como sabedes, e se recorda no artigo, que xa podedes ler tanto en forma impresa como xa “online”, a primeira mención que se fai do río Tamuxe é no ano 1163 e que segundo as nosas pesquisas, xunto coas de diferentes autores, presúmese que a antigüidade da ponte (a primitiva construción) se remonta á época romana.
Tal e como lembramos en COUSAS DE, o historiador tudense Francisco Ávila y La Cueva afirma que en documentación do Mosteiro de Oia se fai mención a esta ponte no século XIII. No seu libro Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su obispado escribe: “Hállase aquí (en San Miguel) el Puente del Tamuge, llamado ya así en el año de 1293”.

E bueno, xa non vos “destripo” máis e convídovos a que ben vos fagades coa revista (gratuíta) ou ben, a leades aquí.
De novo o meu sincero agradecemento a Jesús G. Bastida e Ediciones Basan por permitirnos seguir indagando na prolífica historia rosaleira e baixomiñota.
Unha aperta!