O Rosal acolle o ‘Trail’ máis fermoso de Galicia

 

Domingo 4 de marzo. Marca ben e en vermello esta cita no teu calendario, xa que O Rosal e o noso “paraíso” do Baixo Miño acollerán a que será, sen dúbida, unha das probas deportivo-culturais máis espectaculares de Galicia, o I Trail Adventure Muíños do Folón, organizado por Qualité Sport Events do rosaleiro Serafín Martínez Acevedo (ex-ciclista profesional) coa colaboración do Concello.

Este Trail de Montaña polos Muíños do Folón e Picón -cunhas paisaxes e vistas maxestuosas á desembocadura do Miño- consta dunha carreira con dúas distancias, Adventure (12 km) e Advance (21 km) así como unha Andaina (10 km) que terei o pracer de guiar. A inscrición neste Trail iniciouse o pasado 15 de xaneiro e rematará o vindeiro mércores 28 de febreiro

Tal e como se pode ler na web da proba: “O conxunto histórico-etnográfico dos Muíños do Folón e Picón atópase no monte denominado “Campo do Couto”, na apacible e fértil vila de O Rosal (Pontevedra). Este complexo industrial o forman 67 muíños hidráulicos. Divididos en dúas vertentes (36 muíños polo Folón e 31 polo Picón) a súa disposición resulta un encuadre único no mundo. Os 22 muíños do sector superior do Folón, construídos en forma de escaleira para aproveitar o paso da auga de uns a outros e aumentar a súa forza motriz, é sen dúbida un maxestuoso e agradable impacto visual.

O “Lago Azul”, un de tantos atractivos da ruta dos Muíños

Os Muíños do Folón e Picón foron declarados en 1998 pola Xunta de Galicia, Ben de Interese Cultural (BIC), concedéndoselle o Premio Agader ao embelecento do medio rural no ano 2003. A Federación Galega de Montañismo homologou a súa ruta de sendeirismo co nome de PR-G 94″.

Para máis información ou para inscribirse tanto nas carreiras como na andaina, aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies