O Rosal participa no I Encontro do Libro Luso-Galaico

É un pracer comunicarvos que esta fin de semana (21 e 22 de agosto) estaremos, na compaña de Xoán Martínez Tamuxe e Praxíteles González, representando a O Rosal no I Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño.

O evento, organizado pola Cámara Municipal de Caminha (Portugal), o Concello da Guarda, a Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e do Jornal Digital Caminh@2000 “terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño”.

Segundo se lembra dende o municipio guardés, “terá dous espazos diferenciados, en Caminha na Praza do Conselleiro Silva Torres e na Guarda na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outras accións programadas nesta primeira edición.

Nesta primeira edición participarán os concellos portugueses de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço e Paredes de Coura e os concellos galegos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, e Crecente, todos eles aportarán a mellor selección dos exemplares producidos no Baixo e Alto Minho, ou que versen sobre esta rexión, cun total de máis de 150 títulos diferentes”.

Tamuxe e máis eu, entre outros títulos, participaremos segundo vén de seleccionar o Concello do Rosal, coa nosa obra realizada en 2009 “Os muíños do Folón e do Picón“. A inauguración do evento, este venres 21 de agosto a partir das 20:00 horas.

Máis información na web do Concello da Guarda. Vémonos pois na vila do Trega! 😉🙋‍♂️

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies