O Rosal, orgulloso dos 30 anos da súa Banda

agrupacion-musical-do-rosal-web

(Fotos: Verano Brey / Arquivo X.M. Tamuxe / Noticias O Rosal)

Outra proba máis de “O Rosal calidade”. Tres musicais décadas levando por toda a xeografía galega e nacional o nome da nosa querida vila.

Este domingo 30 de outubro (18:30 horas) celebrarase no Auditorio un especial concerto da Banda para conmemorar o 30º Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. (A banda de música “presentouse ó público o 4 de maio de 1986, sendo o seu director Laureano Matos Barcia”).

Segundo comunica a nosa Agrupación “baixo a dirección de José Javier Bascoy interpretarán un programa con obras de diversos estilos dos compositores Luis Serrano Alarcón, Shostakovich, José Serrano, Teo Aparicio Barberán e Gershwin”.

A A.M. do Rosal que na actualidade preside Iván Diego Martínez “quere dedicar esta data tan sinalada aos fundadores da asociación, facendo unha pequena homenaxe á primeira Xunta Directiva que alá polo ano 1986 deu os primeiros pasos para construír a gran familia musical da que hoxe temos a sorte de formar parte”.

banda-do-rosal-web

Recalcan que “ademais, este domingo teremos a alegría de contar con antigos compoñentes que aceptaron a iniciativa de compartir con nós unha tarde de música que seguro que non se esquecerá”. 

¡O Rosal, cos seus veciños e veciñas, orgulloso desta recoñecida e meritísima “trintañeira” Agrupación Musical! ¡Noraboa e por moitos anos máis! ♫♫♫ 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *