O Rosal en “Aquí Galicia”. Programa completo

juan-ramon-tvg-web

Velaquí vos deixo un vídeo da miña intervención no programa Aquí Galicia, falando sobre o noso paraíso do Rosal e do Baixo Miño, que se emitiu o pasado sábado 24 de setembro, en directo dende a rosaleira Praza do Calvario.

Igualmente, o enlace ao programa completo que presentan os xornalistas Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña (na imaxe, cos bailaríns Jose & Rosy) e que fai un percorrido pola nosa cultura e gastronomía, con actuacións en directo de agrupacións tradicionais, grupos de baile ou mesmo orquestras galegas.

jose-y-rosy-tvg-aqui-galicia

A emisión tivo tamén como protagonistas, entre outros, a Manu (Tamuxe Kakak), a Ignacio González Rivas “O Perruqueiro”, aos cabaqueiros Telis, Buraco e Juan, ao grupo Lirolai, á Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal e ao seu presidente, Iván Diego Martínez, así como a Salvador Martínez e a Lucía Diego promocionando o mirabel do Rosal.

¡Dende aquí, de novo, graciñas á Televisión de Galicia!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies