O Rosal dá a benvida á 2ª Feira do Mirabel 2018

Boas a todos/as, que tal!
Tras o éxito do pasado ano, a II edición da Feira do Mirabel celebrarase na parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) o vindeiro domingo 29 de xullo.
Velaquí vos deixo o seu programa de actividades:
10:00 horas. ANDAINA “SAN MIGUEL-EIRAS”.
A saída realizarase dende o Mercado de San Miguel, cunha duración de 2 horas aproximadamente. A dificultade: doada.
Ao igual que en 2017, terei o pracer de guiar esta Andaina -cun novo percorrido- onde se visitarán fincas de cultivo de mirabel, o obradoiro Rosabeles e haberá degustación especial do mirabel na Abadía das Eiras.
Ao finalizar, no Mercado de San Miguel, sortearase entre os participantes uns lotes de mirabeis. Para participar na Andaina é preciso inscribirse nas oficinas do Concello do Rosal ata o 24 de xullo (prezo: 4,5€/persoa). ATENCIÓN: amplíase o prazo de inscrición ata o venres 27 de xullo ás 14:00 horas.
12:30 h PRESENTACIÓN E APERTURA DA II FEIRA DO MIRABEL
Degustación de mirabeis e produtos derivados. Elaboración e degustación de cócteles con mirabel. Música en directo con SonGodin´s.
17:00 h CONCURSO DE TARTAS DE MIRABEL
18.30 DESFILE INFANTIL
14:00 h XANTAR no entorno da Feira cun menú popular a 10 e 12 €. Con cada menú entregarase un número para un sorteo de produtos ao final da Feira.
Participación das adegas de autor do Rosal: Xesteiro, Terra 1537 e Pateira.
MÚSICA con Airiños de San Miguel
