O Ribera, o Novás e San Martiño, en COUSAS DE…

 

Boas a todos/as! Escribo esta pequena entrada no blog simplemente para lembrarvos que a partir de hoxe, venres 5 de outubro, xa podedes ler a revista COUSAS DE Baixo Miño nos establecementos habituais.

Neste número 9, correspondente a outono de 2018 (outubro, novembro e decembro) volvo a colaborar na redacción coa extensa reportaxe A Romaría de San Martiño do Rosal, unha das máis antigas de Galicia, a entrevista a Noé Cortiñas e Yago Cruces, que leva por título UD Ribera, cando o deporte a educación van da man ou mesmo un pequeno artigo sobre o noso equipo de balonmán: A nova aventura do Acanor Atl. Novás na Prata. 

Que dicir, por suposto da calidade das demais colaboracións de Suso Vila (A cultura sefardí en Tui) ou de Pablo F. Estévez (Asociación Avelaíña, un centro con soleira que loita pola integración psicosocial e a saúde mental).

Dende aquí soamente me queda agradecer aos clubs Acanor Atlético Novás e á Unión Deportiva Ribera a súa inestimable colaboración, así como a Jesús G. Bastida a súa deferencia coa miña persoa.

Máis información -e proximamente a revista en formato dixital para descargar- na web de COUSAS DE.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *