O mestre Damián Copena, VIII Premio Fermín Bouza Brey

✍️ Concello de Ponteareas / 📸 Atlántico Diario
O concello de Ponteareas vén de comunicar que Damián Copena, profesor de Economía da Universidade de Oviedo, vén de gañar o VIII Premio de Investigación Fermín Bouza Brey co traballo “Manexo comunitario dos recursos naturais, pasado, presente e futuro dos montes veciñais en man común de Ponteareas“.
A presentación do mesmo se levará a cabo este vindeiro vernes, día 26 de novembro, no salón de plenos da Vila do Tea, ás 20:30 h.