O espectáculo do balonmán volve a O Rosal

axenda-deportiva-acanor-novas

Chegou o día D e a hora H (sábado 1 de outubro, 19:00) para o “debut” ligueiro en O Rosal do Acanor Atlético Novás de Primeira Nacional 2016/17 e con el, tamén o meu, como speaker dos seus partidos locais. Volve o espectáculo do balonmán ao “Xardín do Baixo Miño”.

acanor-atletico-novas-juan-ramon-o-rosal
Fotos: Ismael Pacheco / Noticias O Rosal

Os homes de José Ramón Muñoz “Jota” reciben ao Embutidos Lalinense-Balonmán Lalín, un dos “cocos” da categoría. O adestrador do Novás declarou que “o encontro se prevé duro. Dúas defensas que chocan e tocan. Quizais eles busquen máis os cortes. Teremos que superar esas accións, tratando de cometer o mínimo de erros, xa que no contragolpe está a sua maior virtude. No posicional contan con dous bos xogadores por posto, con lanzadores en toda a primeira liña e cun xogo colectivo superior ao do ano pasado’.

jota-munoz-acanor-novas-o-rosal

“Jota” pide o apoio da afección, para un ‘partido bonito, fronte a unha das escuadras máis completas da liga’. Así mesmo, moi contento co plantel, realizou un breve comentario de cada integrante.

acanor-novas-balonman-o-rosal

Kevin García, a experiencia e saber estar. Axuda dentro e fóra do campo, un exemplo.
David Álvarez, complemento de luxo. Sempre responde cando se lle esixe.
Roberto Calvo. Vontade, traballo e esforzo. Está en continua mellora.
Isma Martínez, xogador do que se espera moito. Velocidade e potencia de salto son algunhas das súas características.
Yago Alonso. Un portento físico! Capaz de desbordar por potencia e calidade de lanzamento.
Dani Pintus é un extremo moderno por talla e complexión. Sempre aproveita as súas oportunidades.
Manu Martínez, un capitán exemplar. Sente e padece o club, letal cando encara en carreira.
Rubén Figueirido. Xove con disparo e lanzamento. Ten que seguir traballando porque ten moita marxe de mellora.
Miguel Trigo, un baluarte. Defensivamente insuperable e ofensivamente pode axudar moito a este club.
Carlos Rodríguez, un defensor de luxo en calquera posto, que debe seguir mellorando e aspirar a ter minutos en ataque para aproveitar a súa potencia de lanzamento.
Ramón Suárez xa é un dos xefes da defensa por concentración e capacidade de intimidación. En ataque está capacitado para ser o complemento perfecto de Iago.
Iago Flores é imparable en ataque. Capaz de recibir en situacións imposibles, mellorou o seu lanzamento e rendemento defensivo.
Nico López, un dos cerebros, debe aportar pausa e oficio. Xogador moi intenso e ambicioso que pode lograr o que se propoña.
César Armán, outro dos cerebros, que entende o xogo en ataque. Fai xogar e cando dirixe faino ás mil marabillas.
Roberto ‘Harris’, o noso lanzador zurdo, desexando que se recupere para desbordar pola dereita.
Germán Hermida, polivalencia polo lado dereito. Agardando a súa volta para dar moitas alegrías.
Miguel Sío. Traballador incansable, humilde e sempre receptivo á corrección. Mellora ano a ano.
Jorge Teixeira, xogador xove con proxección. Bo traballador, axuda sempre ao primeiro equipo.
Gabri Lomba voltou con ganas e forza. Subirá o seu rendemento ata onde a súa ambición queira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies