Novo roteiro pola provincia de Pontevedra

 

Despois de Moaña e Vilagarcía, o sábado 8 de setembro, ás 11:30 horas, en Cuntis, terá lugar un novo Roteiro pola provincia de Pontevedra, actividade da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra.

Nesta ocasión, segundo informa a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, Marcos Seixo guiará o roteiro arredor da figura de Roberto Blanco Torres.

“Hai inscrición previa, de balde, ata cubrir 50 prazas para cada roteiro. Farase no correo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando o nome da persoa ou persoas participantes e un número de teléfono de contacto. Reservarase un máximo de 4 prazas por persoa”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies