Noé Cortiñas e o footgolf galego “Road to Japan”

Información e fotografías: Asociación Galega de Footgolf / N.C.
O deportista rosaleiro Noé Cortiñas Brey será convocado o 27 e 28 de febreiro pola Selección Española de Footgolf* para preparar o vindeiro Mundial que se celebrará en Xapón en 2021 (Road To Japan).
Noé Cortiñas Brey, como lembramos en Noticias O Rosal, ten a honra de ser o primeiro xogador galego que é chamado polo combinado nacional.
Uns 500 “FootGolfers” de máis de 30 países reuniranse do 22 de setembro ao 3 de outubro de 2021 na cidade de Sakura, prefectura de Tochigi, para determinar ao número 1 do Mundo.