Muíños do Folón-Picón, unha ruta de ’10’

O fantástico tempo que ten reinado nas últimas semanas polas Rías Baixas, animou a centos de visitantes a achegarse ata O Rosal e, como non, percorrer a nosa fermosa ruta PR-G 94, dos 67 muíños do Folón e Picón.

O Concello rosaleiro destacaba a “grande acollida das rutas guiadas” de Semana Santa. En palabras da propia alcaldesa da vila, Ánxela Fernández Callís,queriamos ofrecer unha alternativa para desfrutar destas vacacións dun xeito seguro e en plena natureza, descubrindo a todas as persoas visitantes un dos recunchos máis fermosos do noso municipio”.

As rutas realizáronse con todos os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias, con grupos de aforo reducido e respectando todas as medidas de prevención. 

A mesma Televisión de Galicia emitiu en directo o Venres Santo dende a área de recepción do Folón, contando unha vez máis con este servidor que escribe. Nesta ocasión, tiven o pracer de colaborar para o programa de actualidade “Fun polo aire”, que presentan Susana López Carbia e Emilio Guillín, a quen coñecimos en “Galicia viva”.

O reporteiro David Valverde así como o operador de cámara Elpidio Costa pasearon por destacados puntos da nosa xeografía con motivo do concurso “A Vila oculta”, onde os telespectadores da ‘Galega’ tiñan que adiviñar dende que municipio se estaba emitindo grazas ás nosas pistas e a diferentes imaxes. 

Tras realizar varias entrevistas a “pé de camiño” durante algúns días, a sensación maioritaria entre os turistas era que o sendeiro dos Muíños do Folón e Picón era unha ruta que merecía “un 10”, polas súas extraordinarias contorna, paisaxe, historia e tradicións.

Mención especial dos visitantes ás espectaculares panorámicas que se poden contemplar dende o alto de Chan da Cereixeira cara o Val do Rosal, o río Miño e Portugal.

Igualmente hai que destacar os comentarios dedicados ás “augas cristalinas” que acompañan ao camiñante durante todo o percorrido e aínda as das distintas pozas -como as da Cal- e o coñecido “Lago Azul”.

Sen dúbida, a ruta dos muíños do Folón e Picón de pouco máis de 3’5 km, foi, é e será un dos destinos con máis ‘gancho’ do sur de Galicia, un pequeno recuncho de paz e tranquilidade en plena natureza, sobre todo nestes tempos de pandemia, onde o que un busca con verdadeira ansia é a total desconexión da voráxine das cidades e dos núcleos urbáns.

Así que, reláxate, disfruta de rutas guiadas e benvid@ a O Rosal. Non en van, a nosa vila está considerada como o “xardín do Baixo Miño”, un auténtico e marabilloso paraíso natural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies