Muíños acolle a segunda polafía 2016 da AELG

polafiamuinhos-web

Segundo me comunican dende a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, este sábado 1 de outubro (17:00 horas) celebrarase en Muíños (Ourense), unha nova polafía, en concreto nas instalacións da Sociedade cultural, deportiva e xuvenil Fontefría, Complexo turístico “O Corgo”. A entrada será libre ata completar aforo.

Tal e como se lembra dende a AELG, a súa Sección de literatura de tradición oral “propón visitar o Concello de Muíños para asistir á segunda Polafía de 2016, unha revista oral que terá como tema central as historias da raia. O que suceda nesta Polafía, como xa sucedeu en todas as anteriores, gravarase para incorporar ao arquivo oral da web AELG”.

O acto contará coas intervencións de:

David Pérez
Celso Diz
Inés Rodríguez
Carlos Morais
Antonio González Baralló
Lino Perdiz
Isidro Novo

A parte musical corre a cargo de:

Xurxo Souto
Ordeikí

Este acto, organizado pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e a Sociedade cultural, deportiva e xuvenil Fontefría, “conta coa colaboración da Asociación Os Arraianos, as librarías Aira das Letras (Allariz) e Traga-Mundos (Vila Real) e do Núcleo de Estudos e Pesquisa dos Montes Laboreiro. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia (Consellaría de Cultura)”. Máis información, aquí.   

A vila da Guarda acolleu tamén hai uns anos unha polafía

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies