O “Miudiño” e “Pousa, pousa” soarán en O Rosal

A Roda, o mítico grupo de música tradicional galega orixinario de Vigo, actuará este mércores 11 de outubro en O Rosal con motivo do 30º Aniversario da Festa en honor e lembranza ao Cabaqueiro. Será a partir das 10 da noite na Praza do Calvario (en caso de mal tempo a actuación trasladaríase ao Auditorio Municipal).

Tyrion Lannister cantando o “Miudiño”. (Camiseta ReiZentolo)

Tal e como podemos ler na Wikipedia, “A Roda nació en 1976, formado en el barrio de Teis (Vigo) por un grupo de amigos que acostumbraban cantar en las tabernas de esa ciudad. Su primer disco, que incluía clásicos como «Pousa, pousa», «O andar miudiño» y «O gato», fue un éxito de ventas y llegó a ganar el ‘Premio da Crítica de Galicia’ dos años después, lo cual los motivó a dedicarse a la música más en serio”.

Entre outros premios, o grupo A Roda foi galardoado co citado Premio da Crítica de Galicia (1978), o Huaca de Ouro (Panamá, 1994), a Vieira de Prata (Orde da Vieira, 1995, mellor conxunto de canción popular galega) ou o Premio á Traxectoria Profesional (Luar).

Foto: Arquivo El Correo Gallego

Lembrar como curiosidade, que o noso veciño, o cantautor guardés Tino Baz (na imaxe sobre estas liñas, coa gaita) formou parte de A Roda entre os anos 1990 e 1997.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *