Relatorio de J. Miguel Villa: “Centenario da Biblioteca Circulante da Pro-Monte”

Tal e como informa o compañeiro Jorge Alonso dende o concello da Guarda, este ano conmemórase o “Centenario da Biblioteca Circulante da Pro-Monte“.

O meu antigo mestre e doutor en historia Joaquín Miguel Villa Álvarez será o encargado de realizar un relatorio sobre esta institución guardesa. A cita, o vindeiro venres 18 de xuño no Centro Cultural da Guarda (20:30 horas).

Segundo se lembra dende A Guarda “como en todos os eventos culturais, a actividade ten aforo limitado polo que é preciso anotarse previamente no Centro Cultural indicando nome completo, teléfono de contacto e acompañantes: centrocultural@aguarda.es”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies