Manuel Jabois presentou ‘Malaherba’ en Salamanca

📸 JR / Manuel Jabois/ El País
Onte achegueime ata unha abarrotada Librería Letras Corsarias, de Salamanca, para asistir á primeira cita do programa de charlas “Periodistas para una nueva era. Obras y autores para entender el periodismo y la sociedad del siglo XXI“.
Inaugurou este ciclo Manuel Jabois, periodista e escritor galego (de Sanxenxo), que presentaba a súa novela Malaherba e que conversou animadamente cos asistentes de multitude de temas, incluídas divertidas pasaxes do seu libro que evocan á súa Galicia natal e á súa infancia.
O encontro estivo organizado pola propia “Letras Corsarias” xunto coa Asociación Salmantina de Periodistas (ASPE), estando conducido o acto pola periodista e presidenta de ASPE, Elena Martín.
Manuel Jabois, escribe na actualidade reportaxes, crónicas e columnas no diario El País (tras o seu paso por xornais como Diario de Pontevedra ou El Mundo).