‘Mulleres Tudenses”, un libro para visibilizar as mulleres da área de Tui

Dende o Departamento de prensa da Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) veñen de remitir esta nota de prensa para comunicar o seu proxecto “Mulleres Tudenses”.

Así Femupo quere “dar visibilidade e apoio ao proxecto ‘Mulleres Tudenses’ impulsado pola Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (Amei Tui), membro desta federación”.

Esta ambiciosa iniciativa “busca visibilizar o traballo e a aportación á súa contorna de diferentes mulleres tudenses co obxectivo de que as novas xeracións coñezan casos reais e próximos que lles sirvan como referente”.

Está moi ben falar de mulleres referentes a nivel mundial pero cremos que é importante dar a coñecer á rapazada de Tui a esas mulleres que viven preto, que poden atopar pola rúa e que son deportistas, empresarias, mestras, científicas”, explica a presidenta de Amei Tui, Anabel Solla.

A fórmula elixida para achegar as vidas destas mulleres tudenses contemporáneas ás novas xeracións “é a través dun libro composto por entrevistas a cada unha delas. A listaxe de mulleres que conformarán o libro segue a ampliarse. Entre as entrevistadas atópanse mulleres de todas as parroquias de Tui, mulleres próximas con moito que contar”.

Neste punto estamos á procura de financiamento para poder sacar adiante este proxecto”, conta Solla, “falamos con diversas entidades e coa Administración, estamos buscando subvencións e o apoio doutros axentes sociais que queiran colaborar”.

Femupo “súmase ao apoio a este proxecto que pon o foco sobre o esforzo, os logros e conquistas de mulleres que non reciben grandes recoñecementos nin saen nos medios de comunicación pero que son, por méritos propios, referentes próximos para as nenas e nenos da súa bisbarra”..

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies