LaLiga Baixo Miño de MARCA xa ten campión

Como sabedes, vén de finalizar hai poucos días a competición de Liga na Primeira División do fútbol español coa vitoria do Atlético de Madrid na última xornada, que lle deu, polo tanto o título de campión.

Pois ben, tal e como falábamos recentemente, veciños de O Rosal e A Guarda, viñan disputando paralelamente dende setembro de 2020 a “Liga Baixo Miño” do xornal MARCA, o único xogo de mánager de fútbol oficial de LaLiga, con ránking xeral e puntuacións basadas nos resultados e estatísticas oficiais de LaLiga Santander.

Sergio Rodríguez de Marzán (O Rosal) foi o claro vencedor deste torneo no Baixo Miño, cun equipo basado tan só en xogadores do Real Madrid e o F.C. Barcelona, conseguindo 2238 puntos.

Rafa Gándara, de A Guarda, xa a certa distancia, rematou subcampeón da Liga cun total de 1973 puntos.

O terceiro posto, completando o pódium desta primeira edición, foi para o mánager Juan, de O Rosal, con 1967 puntos.

Esta foi a clasificación completa de LaLiga BAIXO MIÑO 2020/21.

1º.- TRINTAKAOS (2.238 puntos)
2º.- LEÓN BLANCO (1973 puntos)
3º.- HOMECLARO (1967 puntos)
4.- TRINTA69 (1723 puntos)
5º.- HULKS2 (1701 puntos)
6º.- SCUBYTA (1679 puntos)
7º.- J. LOMBA (1670 puntos)
8º.- VALLEROSAL (1650 puntos)

Noraboa a todos os participantes e ata o ano que vén!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies