Unha homenaxe perpetua a Julia Vaquero

????????????????????????????????????

 xv-carreira-julia-vaquero-2

Este sábado 24 de setembro, a partir das 18:00 horas en A Gándara (A Guarda), xa sexa como participante xa como espectador/a, non te podes perder a XVI edición da Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero.

Rosa María Rey facéndolle entrega dun ramo de flores a Julia Vaquero (2015)

Esta é unha homenaxe, sen dúbida perpetua, á guardesa, unha das mellores atletas galegas da historia, que segue posuíndo “la plusmarca española absoluta de 5000 metros con 14:44:95 lograda en Oslo el 6 de julio de 1996”.

????????????????????????????????????

xv-carreira-julia-vaquero-9

A inscrición, que é gratuíta, debe realizarse enviando un correo a carreirajvaquero@gmail.com ou chamando ao teléfono 609 117 835. O mesmo día, tamén podes apuntarte, de 16:00 a 17:30 horas, na mesa da secretaría da carreira.

xv-carreira-julia-vaquero-1

Segundo se confirma dende a Organización do evento, un ano máis a cargo do incombustible Alejandro Lomba, da Asociación Veciñal O Percamino, “haberá 8 categorías, avituallamento sólido e líquido, bolsa do atleta, medallas para tod@s @s máis cativ@s, premios para todos os podiums, sorteos e máis sorpresas. Tamén, duchas dispoñibles”.

O Concello da Guarda, colaborador da Carreira na honra de Julia Vaquero

Unha vez remate esta proba deportiva, sobre as 21:00 horas, e se aínda quedan forzas, baile-verbena coa orquestra Manchester e Imperio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies