Galicia Viva (TVG) nos Muíños do Folón (O Rosal)

Na imaxe, con Marcos (cámara), o muiñeiro Nemesio Castro e o xornalista Emilio Guillín

¡Moi boas a todos/as! ¿Que tal? ¿Como foi o primeiro mes de 2018? ¡Espero que ben!

Hoxe comeza febreiro e aproveito para publicar de novo na web, que xa facía tempo…

Déixovos o enlace ao programa “Galicia Viva” que estivo recentemente gravando nos Muíños do Folón e do Picón. O xornalista Emilio Guillín xunto co seu cámara, Marcos (arriba, na imaxe) achegáronse ata O Rosal para descubrir aos seus telespectadores esta idílica paraxe baixomiñota.

Novamente, un pracer colaborar en forma de entrevista coa Televisión de Galicia e sobre todo agradecido ao Concello do Rosal por seguir contando comigo para investigar, amosar e promocionar este noso espectacular conxunto de 67 muíños hidráulicos, en verdade, único no mundo.

P.D: Por certo, moi atentos/as para inscribirvos (ata o 28 de febreiro) na primeira edición do Trail Adventure Muíños do Folón, xa que o domingo 4 de marzo celebraranse en O Rosal atractivas probas deportivas e unha preciosa andaina pola contorna.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *