¿E ti… eres de tortilla con ou sen cebola…?

A tradicional e recoñecida Feira de San Gregorio celebrarase esta fin de semana -11 e 12 de marzo- en Pías (O Rosal) cunha animada axenda que abrangue diferentes eventos musicais, artísticos e gastronómicos.

Precisamente, tras a boa acollida e por terceiro ano consecutivo, a Asociación de Veciños de San Gregorio de Pías que preside Sergio Domínguez Alonso “Diser”, organiza o sábado 11 ás 17:00 horas o Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca. Haberá dúas modalidades (tradicional e innovación).

¿Como hai que facer para participar? Moi doado. Tan só tes que cociñar a tortilla na túa casa e presentala á hora citada diante da Cantina de San Gregorio. Aquí o xurado procederá a degustar e premiar publicamente as mellores “fritadas” con exquisitas botellas de viño do Rosal e tapas de “pulpo”.

Xa di o refrán que “cada maestrillo tiene su librillo” así que, independente lle botes ou non cebola á tortilla, innoves con chourizo, pemento, ou calquera ingrediente, anímate e participa. A inscrición é libre e gratuíta

Pola miña parte, será un pracer volver a presentar este certame. Máis información deste Concurso e da Feira de San Gregorio en xeral, no teléfono do seu presidente: 606 837 304 (Sergio).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies