O Día de Santa Trega (A Guarda), sen poxas nin procesión

O Concello da Guarda vén de comunicar que este xoves 23 de setembro terá lugar, como é tradicional, o Día de Santa Trega, festividade local. Iso si, debido á pandemia, “non se realizarán as poxas de produtos típicos nin a procesión e a ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h”.

Igualmente “as misas, que tradicionalmente se celebran na ermida no Monte de Santa Trega, celebraranse na igrexa parroquial ás 10:00h e ás 11:00h e con limitacións de aforo tal e como ditan as normas sanitarias vixentes”.

A ermida de Santa Trega “estará aberta ao público de 8:30h a 19:00h nesta xornada para todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando as distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies