Descubrindo O Rosal, “paraíso” do Baixo Miño

 

É un pracer comunicarvos que a Deputación de Pontevedra, despois de valorar os meus méritos e os diferentes traballos de investigación dos últimos anos na provincia, vén de seleccionarme como conferenciante dentro do seu programa “Pontegal 2017”, que se convoca a través do Servizo de Cultura e Lingua, “no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas e en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais”.

Desta maneira, xa vos adianto que, quen desexe contratarme para falar no seu concello ou asociación de, por exemplo, a historia dos Muíños do Folón e do Picón, do vello oficio dos Cabaqueiros ou da Cultura en xeral dos nosos queridos Rosal e Baixo Miño, poderá solicitalo con antelación de arredor dun mes á Deputación sen coste algún, xa que será este organismo provincial quen se faga cargo da contía desas charlas-conferencias.

Gravando coa Televisión de Galicia nos Muíños do Folón

Sen dúbida, grazas a esta iniciativa, pode ser unha nova oportunidade de descubrir, promocionar e divulgar os encantos histórico-paisaxísticos deste “Paraíso” rosaleiro por toda a nosa xeografía.

Infórmate de como organizar unha conferencia no teu organismo ou asociación mediante Pontegal, no teléfono da Deputación 986 804 100 e no seu correo oficial.

Nunha charla recente falando sobre o libro dos Muíños do Folón-Picón

Pois iso, animándovos dende xa a que contedes comigo na vosa programación festivo-cultural deste 2017, ¡recibide unha forte aperta!

Juan Ramón Martínez Barbosa
info@juanramonorosal.com
Tfno: 637 311 007

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies