Curso de “Monitor de Fútbol Base” en O Rosal

Hoxe, mércores 22 de marzo, asistín de mañá a presentación dun novo curso federativo “Monitor de Fútbol Base” tras o éxito do último, impartido en 2015 na nosa vila.

Participaron neste acto o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela; o concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa; así como a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso Alonso.

Participantes no Curso de 2015 cos seus diplomas federativos

Xunto a eles, achegáronse a O Rosal -e repetiron presenza- José Luis Mosquera (ex-xogador do Celta e coordinador dos cursos na comarca de Vigo) e Manuel Mosquera, director da “Escuela Gallega de Entrenadores”.

O curso, convocado pola Federación Galega de Fútbol, coa autorización da RFEF e a través da “Escuela Nacional de Entrenadores, celebrarase dende o 11 de abril ata o 8 de xuño tanto no Centro Social Polivalente do Rosal como no Estadio Municipal da Mata.

Manuel Mosquera e José Luis Mosquera durante a presentación de hoxe

A súa realización conduce “a la obtención del diploma federativo de Monitor de Fútbol Base, especialidad: Fútbol, avalado por la Escuela Nacional de Entrenadores de la RFEF, que a su vez permite la convalidación del Bloque de Prácticas a realizar cuando efectúen el Curso Federativo Entrenador Básico de Fútbol“.

Se queres máis información ou inscribirte no curso, podes facelo dende aquí.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies