Curso de Adestrador de Fútbol UEFA B

✍️ N.M. / Concello de Ponteareas

📸 De esquerda a dereita, José Luis Mosquera, Fernando Iglesias, Miguel Bouzó e Adrián Cancela.

Tal e como informa Noemí Rey dende a vila do Tea “Ponteareas acolle un novo curso de adestrador de fútbol UEFA B. Concello e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol colaboran nunha nova edición desta acción formativa.

O Concello de Ponteareas e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol colaboran para poñer en marcha unha nova edición do Curso de Adestrador de Fútbol UEFA B, que se desenvolverá entre os meses de decembro e xuño. “Queremos fomentar que a veciñanza ponteareá teña opcións de formación deportiva sen saír da nosa vila, unha aprendizaxe determinante tamén á hora de darlle pulo á inserción laboral e ao emprego no eido deportivo, no que cada vez se precisa máis formación”, destacou o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, que tamén salientou a importancia de “dar continuidade á formación impartida en Ponteareas nos últimos anos aos monitores de fútbol base”.

O acto de presentación contou coa participación de Fernando Iglesias, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, que quixo agradecer ao Concello a predisposición a colaborar para celebrar este curso na vila e animar a todos os clubs a participar. “Dende a Federación apostamos cada vez máis pola formación e eles deben facelo tamén. As e os adestradores deben estar preparados, xa non chega só con ter experiencia, porque os propios rapaces e rapazas demandan que cada vez esteamos máis preparados”, recalcou.

Pola súa banda, Iván Cancela, director da Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, salientou que “a evolución no deporte debe ir parella á formación, polo que nos alegra poder traer este curso a Ponteareas e animamos a apuntarse e a seguir aprendendo a todo o alumnado que realizou o curso de UEFA C”. Na presentación tamén participou o delegado do Baixo Miño da Federación, José Luis Mosquera.

O curso comezará o vindeiro 20 de decembro de forma semipresencial e, a partir de marzo, de forma presencial no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea. As clases rematarán o 30 de xuño de 2022.

As persoas interesadas en participar poderán ver toda a información sobre o curso de Adestrador UEFA B e inscribirse a través da páxina web da Federación Galega de Fútbol. A data límite de inscrición será o vindeiro 8 de decembro”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies