A creadora das Festas do Monte xa ten libro

Joaquín Miguel Villa Álvarez A Guarda

Despois de asistir o pasado venres 20 de xaneiro á “Barferencia” que o meu exprofesor Miguel Villa Álvarez ofreceu na Cafetería Alameda (A Guarda) -a propósito da súa charla sobre os “100 anos de Museo no Monte (1917-2017)”– será este sábado 28 de xaneiro cando presente o seu libro “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte” no Centro Cultural da Guarda.

En palabras de propio Villa na revista En el Punto de A Guarda, afirma que esta sociedade, obxecto do seu estudo, é a creadora das recoñecidas Festas do Monte: “Pero además de la carretera y acondicionamiento de la cima, la repoblación y la explotación de los yacimientos arqueológicos, en el año 1913 la Pro-Monte celebró la primera fiesta conmemorativa de su fundación, que al convertirla en romería popular adquirió personalidad propia y se convirtió en una de las tradiciones más famosas de la villa de A Guarda: su fiesta del monte“.

Festas do Monte A Guarda

Segundo se comunica dende o Departamento de Prensa do Concello da Guarda “este ano celébrase o centenario do MASAT, o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega, que foi creado pola Sociedade Pro-Monte no ano 1917. Dentro do amplo abano de actividades que conmemorarán tan destacada data, este sábado terá lugar o primeiro dos eventos programados. O Centro Cultural da Guarda acollerá o sábado 28 de xaneiro, ás 20’30 horas, a presentación do libro La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte, do historiador e investigador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez.Presentación libro Miguel Villa

Lembran dende o municipio guardés que esta publicación “supón a terceira parte da súa serie de libros na que fala da historia desta sociedade pero tamén da propia sociedade e vida política da Guarda. Esta terceira obra, que abarca dende o ano 1939 ata o 1979 e leva por subtítulo “unha larga e fructífera permanencia”, continúa a afondar na última etapa da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, completando así os dous volumes anteriores: ” La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)” e “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939)”.

Deste xeito dan comezo, con este evento, as actividades de conmemoración do centenario do MASAT, que incluirán obradoiros, exposicións e diversas publicacións, como a de Villa.

Citania Tecla

“Para todos aqueles que desexen adquirir o libro La Sociedad Pro- Monte Santa Tecla, 3ª parte, o poderán facer o propio sábado tras a presentación, a un prezo de 26 euros. Ademais, con cada exemplar do mesmo regalarase un exemplar da obra Citania y Museo Arqueológico de Santa Tegra, de Xoán Martínez Tamuxe“, afírmase dende a concello da veciña vila mariñeira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies