COUSAS DE – Revista. Edición especial 10º aniversario

Tal e como se lembra dende COUSAS DE – Revista, “o pasado 28 de marzo, en pleno confinamento, sopramos as velas do noso décimo aniversario. A pesar de todo, o equipo que editamos a revista COUSAS DE, puxémonos a traballar arreo para realizar, unha publicación que fora, aínda máis atractiva e con máis contidos”.
A publicación, dirixida por Jesús G. Bastida, trae á súa portada á “Camelia. A flor de Galicia que chegou do Oriente”. Esta reportaxe está firmada por Carmen Salinero e Pilar Vela (Estación Fitopatolóxica Areeiro, Deputación de Pontevedra).
Lembramos que COUSAS DE ten periodicidade trimestral e conta entre outros colaboradores e redactores con Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Judit Bernárdez, Manu Sobrino, Beti Iglesias, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón, Óscar Rodríguez e Marco Rivero”.
A revista é distribuída en A Guarda, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e Porriño, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén e Pontevedra. En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao.