Costas Goberna: “O peregrino disfruta da beleza do Camiño Portugués da Costa”

O Centro Cultural de Mougás (Oia) acolleu onte, venres 27 de setembro, a charla “A paisaxe do Camiño Portugués da Costa” ofrecida polo recoñecido escritor e historiador Fernando Javier Costas Goberna.

Entre os asistentes, a propia alcaldesa de Oia, Cristina Correa, Manuel Ángel Pombal, da Universidade de Vigo ou mesmo o investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.

Costas Goberna falou dos enclaves culturais e turísticos máis sobresaíntes que os peregrinos poden/deben visitar -desviándose en ocasións “porque realmente merece a pena”- durante o traxecto do Camiño por A Guarda, O Rosal e Oia.

A Pasaxe, Camposancos, a Casa do Mar, o castro do Trega, Portecelo, Sanxián, o Mosteiro, A Camboa, a Ruta Máxica de Oia, Viladesuso, Mougás, os petróglifos, castros, salinas, a gastronomía… foron algúns dos recursos xeográficos e patrimoniais citados polo erudito vigués.

Costas Goberna rematou a súa aplaudida intervención apelando á seriedade, á capacidade de diálogo e á vontade dos concellos, comunidades de montes, asociacións, institucións, etc., para chegar a acordos “xa que o podemos facer mellor, o Camiño será como nós queiramos que sexa”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies