Congreso sobre os 40 anos de poesía galega

Pazo da Cultura. (Foto: Concello de Pontevedra)

Segundo me comunica a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, que preside Cesáreo Sánchez Iglesias “os días 6 e 7 de outubro deste 2017 terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra o Congreso de Poesía Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, co obxectivo de facer unha revisión da produción poética dos últimos 40 anos“.

O Congreso -informa a AELG- estará formado por 6 mesas redondas, abertas á interacción co público asistente:

Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016. Coordinadora: Marta Dacosta.

Teatro e outras formas de comunicación do poético. Coordinador: Afonso Becerra.

Interaccións poéticas: ensino, lingua, ciencia. Coordinadora: Mercedes Queixas.

Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Coordinador: Ramiro Torres.

40 anos de poesía aos ollos da crítica. Coordinadora: Chus Nogueira.

Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Coordinador: Carlos Negro.

Adicionalmente, terá lugar tamén un recital interxeracional e proxeccións audiovisuais. Máis info: 

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Avda. Alfonso Molina, s/n, Edif. de Sindicatos, 8º
15008 – A Coruña
981 133 233 / 696 581 971
oficina@aelg.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *