Conferencia da xornalista María Solar

📸 Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014)
Hoxe, martes 1 de outubro -tal e como se lembra dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega-, comeza o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas.
Ábrese coa conferencia da compañeira da AELG, a xornalista, presentadora e escritora María Solar: Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil.